Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45350

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración, subgrupo A1, en virtude de probas selectivas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 1 de outubro de 2019 (DOG do 14 de outubro), para ingreso na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre e, comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre, que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala técnica superior de administración da USC

Quenda de acceso libre

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***3590**

Usón Pérez, Miguel

2

***9806**

López Quian, Miguel Anxo

3

***0708**

Cordido Méndez, Sonia

4

***1385**

Moreira Figueiras, Silvia María

5

***0005**

Lorenzo Periscal, María Ángeles

6

***0066**

Mariño Ruza, Alberto

7

***3763**

Cachafeiro Requeijo, Alba

8

***4006**

Regueira Gay, Rubén José