Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45348

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de outubro de 2019.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro) para cubrir con persoal laboral fixo seis prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, ás persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde
Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***5797**

Álvarez Pérez, Susana María

2

***8414**

Abella Fernández, María del Sol

3

***9360**

Vigo Ramos, Eva

4

***0527**

López Pedrouso, María Dolores

5

***7464**

Álvarez Penín, Ovidio

6

***6562**

García Martínez, Óscar