De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, a resolución do recurso interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publlícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2021
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Nº de expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
Acto notificado |
|
AC-2020/00418 |
51905085L |
Resolución do recurso de alzada |
|
AW227303 |


