Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45831

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso a corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o acceso a corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, mediante a Orde do 23 de xuño de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 23 de xuño de 2021, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso a corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 10 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para acceso a corpos da Policía Local de Galicia,
escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso
por promoción interna e por mobilidade

– Tribunal titular:

Presidencia: María Rey Rivera, fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Santiago Abellas González, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ourense.

Juan Puente Rapela, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Juan Ignacio Saiz Martín, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Diego Someso Anguita, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.