Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45830

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021 pola que se modifica a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Á vista das circunstancias que concorren nun dos membros da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico, nomeado pola Resolución do 17 de xullo do 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto o nomeamento de Víctor Manuel Tubío Villar como secretario suplente.

Segundo. Nomear no seu lugar como secretario suplente a Pablo Leis Mol, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, subgrupo A1, que figuraba como vogal titular, e nomear como vogal titular a Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Terceiro. A modificación realízase para todos procedementos de funcionarización convocados e pendentes de finalización, e para todos aqueles que se convoquen con posterioridade.

Santiago de Compostela, 13 de setembro do 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG nº 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública