Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45829

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).

Unha vez presentada a renuncia dun vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 249, do 11 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Isaac Gómez Piñeiro como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).

Segundo. Nomear no seu lugar, como vogal titular do dito tribunal, a Laura Fontenla Fontenla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública