Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 31 de agosto de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 31 de agosto de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020, encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019,

ACORDOU:

Que o segundo exercicio terá lugar o día 28 de setembro de 2021, en horario de chamamento ás 16.30 e 16.45 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda, Recinto Feiral s/n, 36540 Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal