Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46401

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 9 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 1 de setembro de 2021 (DOG núm. 171, do 6 de setembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala superior de finanzas

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Niv

Formación

1

***0723**

Figueiras Vázquez, Helena

5

FCC030001515770005

Xefatura Servizo Fiscalización e Contabilidade I

FC

Intervención Delegada da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

28

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

2

***4136**

Nodar López, Raquel

4

FCC040000315770007

Técnico/a financeiro/a

FC

S. X. de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

3

***4732**

Mourelle Arnejo, Juan

3

FCC040000215770016

Técnico/a financeiro/a

FC

S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

4

***3895**

Álvarez Cuiñas, Alejandra

2

FCA291000036560184

Xefatura de equipo

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A1, A2

25

 

5

***4657**

Fernández Loureiro, David

1

FCA291000027001095

Xefatura de equipo

FC

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Lugo

A1, A2

25