Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46494

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas da selección para varias prazas de persoal temporal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de técnicos superior e auxiliar técnico FP para o proxecto Transformar e de técnicos superior e técnicos medio para o proxecto Atlazul.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https:// cetmar. org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 9 de setembro de 2021

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar