Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para un edificio comercial na rúa Valle Inclán número 15.

Mediante Resolución desta alcaldía, do 1 de setembro de 2021, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para un edifico comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro na rúa Valle Inclán núm. 15, presentado por María Emilia Uz Prado e/n Mercadona, S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas, asinado dixitalmente o 3.5.2021.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público na Xerencia de Urbanismo durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poden presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

Vilagarcía de Arousa, 7 de setembro de 2021

Alberto Varela Paz
Alcalde