Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, procedemento abreviado 259/2021c.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 259/2021c (procedemento abreviado), de Rocío Núñez Palacio, contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro).

Categoría: enfermeira.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario de Pontevedra.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos