Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de aprobación de convenio urbanístico de monetarización.

A Xunta de Goberno Local de Aranga, na sesión do día 15.7.2021, acordou aprobar definitivamente o convenio urbanístico para a monetarización do 10 % do aproveitamento que corresponde ao Concello de Aranga no sector de solo urbanizable industrial I3 do PXOM e publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia, así como o texto íntegro do convenio que pode ser consultado, de conformidade co artigo 401.2 do Real decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei do solo de Galicia, na páxina web do Concello de Aranga: www.aranga.gal

Aranga, 1 de setembro de 2021

Alberto Platas Álvarez
Alcalde