Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO sobre a orde de execución de limpeza de predios ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publícase a referencia do expediente e a referencia catastral de tres parcelas en situación de risco de incendio, das cales non consta o enderezo dos seus titulares, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e dos núcleos habitados fronte aos incendios forestais, e advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Poligono-parcela-lugar

Interesado/a

Referencia catastral

Gestiona 960/2021

Urb. 19/2021

Poligono 11, parcela 1210

Mougás (estrada do Galgueiro)

Isolina Rodríguez

Enderezo descoñecido

36036A011012100000QS

Gestiona 960/2021

Urb. 19/2021

Poligono 11, parcela 755

Mougás (estrada do Galgueiro)

Filomena Rodríguez Durán

Enderezo descoñecido

36036A011007550000QW

Gestiona 960/2021

Urb. 19/2021

Polígono 11, parcela 789

Mougás (estrada do Galgueiro)

Filomena Rodríguez Durán

Enderezo descoñecido

36036A011007890000QB

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 31 de agosto de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa