Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2021-00001150 e nove máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro).

Para os efectos emprázanse as persoas interesadas, que figuran no dito anexo I por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles de que de non facer a emenda no prazo de dez días contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, practicada por comparecencia, se terán por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación
(procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/ pasaporte

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación para presentar

Y2505443K

BS403B-2021-00001150

Requirimento do 6.5.2021

D.2

A5434700

BS403B-2021-00001590

Requirimento do 2.6.2021

D.2, D.3, D.5 e D.8

53118553F

BS403B-2021-00002299

Requirimento do 2.6.2021

D.5

35474226S

BS403B-2021-00002371

Requirimento do 2.6.2021

D.5 e D.9

45873830P

BS403B-2021-00002765

Requirimento do 2.6.2021

D.2

32829667L

BS403B-2021-00002780

Requirimento do 9.6.2021

D.2, D.8 e D.9

47370942G

BS403B-2021-00002829

Requirimento do 9.6.2021

D.2

35469430A

BS403B-2021-00003459

Requirimento do 5.7.2021

D.5

44842442D

BS403B-2021-00003600

Requirimento do 5.7.2021

D.5 e D.9

78811629J

BS403B-2021-00003908

Requirimento do 5.7.2021

D.9

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto.

D.2

Anexo II debidamente cuberto.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

D.4

Copia do DNI ou NIE ou pasaporte da persoa cónxuxe/parella

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial.

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante.

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida

D.11

Acreditación da representación.