Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2021-00000048 e catorce máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida (procedemento BS403B), para as familias con fillas e fillos nados no ano 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro).

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde terán á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e que contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Núm. de expediente

Acto administrativo e data

44968016A

BS403B-2021-00000048

Resolución do 23.6.2021

32727199Q

BS403B-2021-00000557

Resolución do 23.6.2021

33540822Z

BS403B-2021-00000807

Resolución do 29.7.2021

46903311D

BS403B-2021-00000809

Resolución do 29.7.2021

36159582V

BS403B-2021-00001481

Resolución do 29.7.2021

79328181P

BS403B-2021-00001491

Resolución do 29.7.2021

34989694R

BS403B-2021-00002099

Resolución do 5.8.2021

09449177H

BS403B-2021-00002166

Resolución do 29.7.2021

76811774P

BS403B-2021-00002179

Resolución do 29.7.2021

33999849F

BS403B-2021-00002804

Resolución do 29.7.2021

35572610M

BS403B-2021-00002932

Resolución do 29.7.2021

09429941X

BS403B-2021-00003223

Resolución do 29.7.2021

34270458K

BS403B-2021-00003281

Resolución do 5.8.2021

53612811H

BS403B-2021-00004189

Resolución do 5.8.2021

15485262Y

BS403B-2021-00005273

Resolución do 29.7.2021