Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 7 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada, a favor dos veciños e veciñas de Meizo, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo do Miño (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 23 de xuño de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada, a favor dos veciños/as de Meizo, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo do Miño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 19 de febreiro de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC Fonte do Seixo e Burata Cavada, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada.

Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentouse escrito de alegacións de Francisco Pérez Diéguez, quen afirmou ser o propietario da maior parte da superficie da parcela 410 do polígono 31, así como da CMVMC de Ramirás, a cal presentou un documento relativo á delimitación das estremas entre os MVMC Fragoso e o MVMC Ampliación do Fonte do Seixo e Burata Cavada.

O Xurado Provincial, despois de examinar a documentación presentada, acordou desestimar as alegacións presentadas. Francisco Pérez Diéguez non presenteou ningunha documentación en apoio da súa reclamación, mentres que, de acordo co informe do Servizo de Montes do día 11 de febreiro de 2021, o perímetro do MVMC Fragoso non se localiza na zona indicada na documentación presentada senón ao leste do lugar de Ramirás e estremando cos concellos de Toén e Cartelle.

Polo que o Xurado acordou a clasificación do monte tal e como estaba descrito no acordo de inicio.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada.

Superficie: 2,13 ha.

Pertenza: CMVMC de Meizo.

Parroquia: Macendo (Santa María).

Concello: Castrelo do Miño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Porción de terreo que se localiza entre o predio Burata Cavada, e os terreos da parcela denominada As Cazotas que forma parte do MVMC Fonte do Seixo e Burata Cavada.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32023A03400015 (parte da parcela)

Norte, sur, leste e oeste oeste

32023A03400015 (resto da parcela)

Predio 2:

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por un camiño sen referencia catastral e polo camiño correspondente á parcela catastral 9004, do polígono 31.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencias catastrais

Estremas

Referencias catastrais

32023A03100410 (parte da parcela)

32023A03100415 (parte da parcela)

Norte

32023A03209003

Leste

32023A03100415 (resto da parcela)

32023A03100410 (resto da parcela)

Sur

32023A03100410 (resto da parcela)

Oeste

32023A03109001

Predio 3:

A parcela coa referencia catastral 32023A04000600 inclúese en toda a planimetría e no informe de validación gráfica presentado (CSV: F1AKVMHX7HMSQ1AC) coa nova parcelación do MVMC despois da ampliación cos terreos obxecto da solicitude. Non obstante e, entendendo que se trata dun erro, no punto 1 da memoria non figura.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencias catastrais

Estremas

Referencias catastrais

32023A04000600

32023A04001000 (parte da parcela)

Norte, sur e oeste

32023A04001000 (resto da parcela)

Leste

32023A04009002

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada, a favor dos veciños/as de Meizo, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo do Miño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de setembro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense