Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46662

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).

A situación xerada pola evolución da COVID-19 obrigou as autoridades públicas a xestionar unha crise sanitaria sen precedentes, establecendo medidas de prevención destinadas a protexer a saúde e a seguridade dos cidadáns.

Como sucedeu no resto do Estado e a nivel internacional, en Galicia estas medidas das administracións públicas afectaron tamén o ámbito deportivo, e tanto na súa faceta de práctica libre como no relativo á competición organizada e federada, tanto profesional como non profesional. Esta afectación supuxo a completa paralización da actividade deportiva na Comunidade Autónoma durante os meses de marzo a xuño de 2020 e, tras ela, unha volta á actividade física e deportiva libre e á competición oficial federada, condicionadas polas restricións e limitacións impostas, e definidas polas sucesivas medidas de contención da pandemia ditadas polas autoridades sanitarias.

No ámbito comunitario, o pasado 10 de febreiro o Parlamento Europeo aprobaba unha resolución sobre as repercusións da COVID-19 nos mozos e o deporte (2020/2864 (RSP), resolución na que, xunto a outras consideracións, se recordaba «que a pandemia de COVID-19 tivo efectos devastadores no deporte e nos sectores e as industrias afíns; que o impacto económico no deporte profesional foi enorme, pois os ingresos caeron en picado debido á cancelación de numerosos acontecementos de todos os niveis ou á súa celebración sen espectadores»; e que «os efectos duradoiros da pandemia nos deportes e as actividades recreativas semiprofesionais e de base son devastadores, xa que moitas asociacións deportivas ven ameazada a súa existencia porque por natureza carecen de ánimo de lucro, traballan principalmente de forma voluntaria e, por iso, funcionan sen reservas económicas».

Atendendo a estes puntos, a Institución comunitaria expresaba a súa preocupación ante os posibles prexuízos duradeiros para o sector deportivo, manifestando a necesidade de establecer medidas de axuda específicas e instando consecuentemente os Estados membros, entre outras actuacións, «a que garantan que os fondos nacionais de apoio ao deporte, os fondos estruturais e os plans nacionais de recuperación e resiliencia axuden o sector do deporte, a pesar das súas características e estruturas organizativas específicas», destacando «a importancia de que os paquetes de rescate vaian dirixidos a todos os deportes».

Pola súa parte, a Comisión non permanente especial para o estudo sobre a reactivación social, económica e cultural de Galicia pola crise da COVID-19 do Parlamento autonómico valoraba positivamente a inclusión nos orzamentos da Comunidade Autónoma de 2021 dun Fondo de Consenso sobre o que fundamentar actuacións que colaborasen na recuperación económica e social de Galicia tras a crise sanitaria, recomendando a Comisión, entre outras actuacións e para o concreto ámbito deportivo que tamén foi abordado, o impulso de axudas destinadas á compensación das perdas pola caída de ingresos derivados da redución de aboados e público, así como destinadas a afrontar as cotas federativas.

Neste contexto, a presente convocatoria ten como precedente máis recente a Resolución do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR945C), publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de febreiro deste ano, convocatoria que recollía dúas liñas de actuación diferenciadas, unha delas directamente vinculada a sufragar os gastos ocasionados pola pandemia (artigo 1.3: «implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19») e á que se destinaban 2.000.000 de euros.

Constatada a eficacia da política de axudas públicas no ámbito deportivo, e constatada tamén a persistencia da situación obxectiva que a motiva, a Secretaría Xeral para o Deporte establece as presentes bases reguladoras para continuar apoiando o tecido deportivo galego no seu proceso de recuperación da práctica deportiva e de competición deportiva federada, desde a base ata o alto rendemento e nivel competitivo.

Configúranse así estas axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, deseñadas sobre a base, por un lado, das cotas federativas que dan dereito á participación de clubs e deportistas nas competicións deportivas oficiais, tanto autonómicas como estatais non profesionais, e, por outro, deseñadas tamén sobre a base da minoración dos ingresos obtidos polas entidades deportivas como consecuencia da paralización e peche da actividade, ou do seu desenvolvemento con limitacións de público e capacidade. Asemade, establécese tamén un recoñecemento dos esforzos realizados por aquelas federacións deportivas galegas que, no obxecto de protexer a súa respectiva competición, adoptaron medidas para favorecer a inscrición dos equipos e deportistas.

Desta forma, e consonte os parámetros establecidos no Fondo de Consenso aprobado polo Parlamento de Galicia nos orzamentos de 2021 da Comunidade Autónoma, estas axudas suporán un apoio á reactivación e fomento da actividade deportiva competitiva na Comunidade Autónoma, apoiando as posibilidades dunha continuación segura do deporte galego tras a COVID-19.

Con base no apuntado, apróbase esta resolución de conformidade cos parámetros de actuación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e segundo as atribucións que lle son conferidas polo Decreto 109/2021, do 15 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. Asemade, esta resolución dá cumprimento aos principios de publicidade, libre concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

En canto ao procedemento de concesión destas axudas de carácter extraordinario, establécese un procedemento de concesión directa que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

As bases reguladoras e a convocatoria destas axudas axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e no que resulte de aplicación, na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro), e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo (BOE núm. 176, do 25 de xullo).

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e financiamento

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas directas da Secretaría Xeral para o Deporte a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19 (código de procedemento DE402A).

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2021.

3. Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2021, un crédito por importe total de catro millóns de euros (4.000.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0, en función das seguintes liñas de actuación subvencionables:

Liñas de actuación

Aplicación

Liña I. Axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional

04.40.441A.481.0

Liña II. Axudas para a compensación de minoración de ingresos

04.40.441A.481.0

Liña III. Axudas ás federacións deportivas galegas

04.40.441A.481.0

O total do crédito dispoñible distribuirase primeiramente ata o 70 % para a liña I, ata o 20 % para a liña II e ata o 10 % para a liña III.

No caso de que o crédito dalgunha das liñas de actuación non se esgote, a cantidade resultante incrementará o orzamento destinado ás outras liñas de actuación dedicándose en primeiro lugar á liña de actuación I, e sucesivamente ás liñas de actuación II e III.

4. Este total poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se inclúe como anexo I, dirixida aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da provincia onde teñan o seu domicilio.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 3. Pagamento da subvención

1. Comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos na presente orde e resolta a concesión da axuda, procederase ao pagamento, con carácter anticipado, do 100 % da axuda, no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

2. O cumprimento dos requisitos acreditarase na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión.

Artigo 4. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o seu desenvolvemento

Facúltase á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19 (código de procedemento DE402A)

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

1.1. O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19.

1.2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

1.3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Liñas de axudas e entidades beneficiarias

2.1. Poderán ser beneficiarias das presentes subvencións:

a) Das axudas da liña I (axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional) os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas polas respectivas federacións deportivas da súa respectiva modalidade deportiva, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou 2021.

b) Das axudas da liña II (axudas para a compensación de minoración de ingresos), os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas pola federación deportiva española da súa respectiva modalidade deportiva, así como os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais nas categorías absolutas previas á estatal, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou en 2021.

c) Das axudas da liña III (axudas ás federacións deportivas galegas), as federacións deportivas galegas que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e que, co fin de facilitar a celebración de competicións na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos, 2020 ou 2021, segundo a modalidade de competición da respectiva federación, minoranse as cotas de inscrición (cota de inscrición de cada club e, se é o caso, dos respectivos equipos) nas súas competicións oficiais.

2.2. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2.3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia nos que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que foran sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.

c) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero.

d) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.

e) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da solicitude.

Artigo 3. Compatibilidade

3.1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado pola entidade beneficiaria. Esta circunstancia deberá ser acreditada pola entidade beneficiaria conforme o establecido no artigo 14 destas bases.

3.2. As axudas desta orde reguladas nas liñas I son compatibles entre si, sendo que unha mesma entidade poderá optar á subvención pola participación en competicións oficiais de ámbito autonómico e á subvención pola participación en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal, se é o caso.

Artigo 4. Documentación complementaria

4.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Todas as solicitudes deberán de presentar:

– Poder de representación, no caso de que non sexa a persoa presidenta da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.

b) Para a liña de actuación I:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito autonómico na tempada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, e/ou certificado no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito estatal non profesional na temporada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo II.

c) Para a liña de actuación II:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste a minoración de ingresos derivados de billetaría e aboados na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021 segundo se establece no anexo III.

d) Para a liña de actuación III:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a, na que se exprese as minoracións aplicadas ás cotas de inscrición na competición oficial autonómica na temporada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo IV.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4.4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4.5. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas. Xunto con esta análise, comprobarase se o solicitante acredita o cumprimento dos requisitos establecido no artigo 2.

4.6. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se lle terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase del.

Nesta publicación, e con efectos unicamente de publicidade, relacionaranse tamén as solicitudes admitidas que non están suxeitas a emenda e as inadmitidas.

Segundo o disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo de emenda poderase reducir a cinco días hábiles aplicando o procedemento de urxencia, cando razóns de interese público o aconsellen para os efectos da tramitación, resolución e pagamento da convocatoria no exercicio corrente.

Artigo 5. Comprobación de datos

5.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración tributaria de Galicia.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións pola regra de minimis.

5.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Notificacións

6.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, salvo naqueles casos que nas presentes bases se indican serán practicadas a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

6.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

6.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

6.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Instrución do procedemento

A persoa titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas será o órgano instrutor do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 9. Da Comisión de Valoración

9.1. Recibidas polo órgano instrutor as certificacións definitivas sinaladas no punto catro, este remitirallas, xunto coa documentación que cumpra as esixencias contidas nas presentes bases, á Comisión de Valoración encargada de aplicar os criterios de determinación do importe da subvención establecidos no artigo seguinte.

9.2. A Comisión estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa en quen delegue, actuando como vogais as persoas titulares das xefaturas dos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte e un técnico/a deportivo/a da mesma Secretaría Xeral designado pola persoa presidenta da Comisión. Será secretario/a da Comisión a persoa titular da xefatura do Servizo de Deporte en Idade Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa que a substitúa.

9.3. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases, na convocatoria ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para os efectos de ditar a correspondente resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

9.4. En todo caso, non se admitirán a trámite e procederase a ditar a resolución de inadmisión e ao seu arquivamento, sen posibilidade de emenda, as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na convocatoria.

Artigo 10. Importe e destino das axudas

10.1. Liña de actuación I:

10.1.a) As entidades beneficiarias, con deportistas participantes en competicións oficiais de ámbito autonómico, recibirán unha axuda xeral de ata 5.000 euros, segundo o disposto no seguinte recadro:

Nº de deportistas participantes en competicións oficiais de ámbito autonómico na tempada 2019/2020, 2020/2021 ou nos anos 2020 e 2021

Importe axudas

Entre 1 e 9

500,00 €

Entre 10 e 49

1.000,00 €

Entre 50 e 99

1.500,00 €

Entre 100 e 169

2.000,00 €

Entre 170 e 250

3.000,00 €

Entre 251 e 400

4.000,00 €

Máis de 400

5.000,00 €

10.1.b) As entidades beneficiarias, con deportistas participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal, recibirán unha axuda xeral de ata 5.000 euros, segundo o disposto no seguinte recadro:

Nº deportistas participantes en competicións oficiais
non profesionais de ámbito estatal na tempada 2019/2020, 2020/2021 ou nos anos 2020 e 2021

Importe axudas

Entre 1 e 9

1.500,00 €

Entre 10 e 20

2.500,00 €

Entre 21 e 40

3.500,00 €

41 ou máis

5.000,00 €

As axudas deberán ser destinadas pola entidade beneficiaria prioritariamente ao aboamento das cotas federativas da competición deportiva oficial federada e, de superar a axuda recibida o importe destas, aos restantes gastos derivados da participación da entidade nas competicións de carácter oficial de ámbito autonómico.

10.2. Liña de actuación II:

As entidades beneficiarias recibirán unha axuda segundo os seguintes parámetros:

a) Se a entidade deportiva tivese unha minoración de ingresos derivados de aboamentos e billetaría na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, de entre un 20 % a un 40 %, ou de entre 20.000 euros a 40.000 euros, a entidade poderá percibir o 50 % desa minoración cun máximo de 20.000 euros.

b) Se a entidade deportiva tivese unha minoración de ingresos derivados de aboamentos e billetaría na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, de entre máis dun 40 % ata un 60 %, ou de máis de 40.000 euros ata 60.000, a entidade poderá percibir o 50 % desa minoración perdas cun máximo de 30.000 euros.

c) Se a entidade deportiva tivese unha minoración de ingresos derivados de aboamentos e billetaría na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, de máis dun 60 %, ou de máis de 60.000 euros, a entidade poderá percibir o 50 % desa minoración cun máximo de 40.000 euros.

Con relación ao importe desta axuda tan solo se terá en conta os datos relativos á tempada ou ano onde se producise a maior minoración de ingresos derivados de aboamentos e biletaría.

As axudas deberán destinarse pola entidade beneficiaria prioritariamente ao aboamento das cotas federativas da competición deportiva oficial federada e, de superar a axuda recibida o importe destas, aos restantes gastos derivados da participación da entidade en competicións de carácter oficial de ámbito estatal non profesional.

10.3. Liña de actuación III.

As federacións solicitantes recibirán unha axuda equivalente ao 50 % do total da cantidade minorada en concepto de cota de inscrición federativa (cota de inscrición de cada club e, se é o caso, de cada equipo) na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021.

Con relación ao importe desta axuda teranse en conta a cantidade minorada en concepto de inscrición federativa nas distintas temporadas.

As axudas destinaranse polas federacións beneficiarias aos gastos derivados da realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva.

10.4. Se as dispoñibilidades orzamentarias fosen insuficientes para atender o importe total das solicitudes recibidas durante o prazo de presentación nalgunha das anteriores liñas, aínda logo do incremento derivado do exceso de crédito das outras liñas de actuación, procederase ao rateo do importe para conceder na liña de actuación. O exceso sobre o orzamento minorarase proporcionalmente a todas as persoas beneficiarias da liña aplicando un coeficiente ao importe de concesión, que se calculará dividindo o orzamento dispoñible da liña de actuación polo importe total a conceder sen recoller a limitación orzamentaria.

10.5. Para o caso de existir un exceso de crédito para atender o importe total das solicitudes recibidas durante o prazo de presentación, procederase ao incremento proporcional das contías máximas establecidas nas cotas fixas da liña I.

Artigo 11. Resolución e notificación

11.1. Analizadas as solicitudes polo órgano instrutor, este formulará a proposta motivada de resolución á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte

11.2. A resolución dos expedientes de axudas correspóndelle á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, que deberá resolver no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta.

11.3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder dos tres meses, contado desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11.4. De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación neste caso da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, relacionaranse as solicitudes desestimadas e inadmitidas con expresión dos motivos da desestimación e inadmisión.

11.5. No caso das sociedades anónimas deportivas, e con base no establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro), informarase por escrito á posible entidade beneficiaria sobre o importe da axuda (expresado en equivalente bruto de subvención) e sobre o seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao regulamento citado.

11.6. A resolución publicarase nos termos previstos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de bo goberno, expresando persoa beneficiaria, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta fose expresa, ou de seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

No caso de interpoñer o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do dito recurso.

Artigo 13. Modificación da resolución

De acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión a alteración das condicións tidas en conta para a súa concesión e, en todo caso, a obtención de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 14. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 22.1 da mesma lei.

Artigo 15. Xustificación e pagamento da subvención

15.1. Comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos na presente orde e resolta a concesión da axuda, procederase ao pagamento, con carácter anticipado, do 100 % da axuda, no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

15.2. O cumprimento dos requisitos acreditaranse na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión.

No relativo á liña II, a minoración de ingresos derivados de aboamentos e billetaría comprobarase a través dos documentos oficiais probatorios como o libro de Socios, libro de Actas e os libros de Contabilidade, a declaración do IVE, imposto de sociedades, balance contable, conciliación bancaria, conta de perdas e ganancias, etc.

15.3. Os beneficiarios estarán exentos de constituír garantías, de conformidade co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

15.4. A persoa beneficiaria deberá presentar, electronicamente, no prazo máximo de 3 meses desde á recepción da axuda, en todo caso antes do 15 de decembro, a documentación xustificativa.

15.5. A documentación xustificativa constará da seguinte documentación:

a) Declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, actualizada na data da xustificación (anexo V).

b) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias, para subvencións concedidas por importe inferior a 30.000 €, presentarán unha conta xustificativa simplificada que conterá a seguinte documentación:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención (anexo VI).

2. Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente, polo menos, ao da subvención concedida. Esta relación deberá conter a identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento (anexo VII).

c) De conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias, para subvencións concedidas por importe de 30.000 €, ou máis, presentarán unha conta xustificativa que conterá a seguinte documentación:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención (anexo VI).

2. Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente, polo menos, ao da subvención concedida. Esta relación deberá conter a identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento (anexo VII).

3. As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación á que se fai referencia no punto anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

15.6. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a documentación xustificativa non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeran, se lle terá por desistido do dereito á subvención, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

15.7. O órgano concedente comprobará, mediante a aplicación de técnicas de mostraxe, un número de expedientes significativo, coa finalidade de obter a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, para o cal poderá requirir á entidade beneficiaria a remisión da totalidade dos documentos xustificativos e, en todo caso, procederá a requirirlle a totalidade dos ditos documentos cando, das comprobacións realizadas, non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención. Para estes efectos, e consonte o artigo 42.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de importes inferiores a 1.000 € a documentación acreditativa do gasto e do pagamento poderá consistir no correspondente xustificante de recepción do provedor.

15.8. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que considere oportunos.

15.9. O importe da subvención farase efectivo nun único pagamento na conta bancaria indicada na solicitude de aboamento da axuda.

Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias

As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte, dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.gal/, nos medios de comunicación da entidade.

b) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 17 das presentes bases.

f) Aplicar a axuda recibida ao fin establecido nas presentes bases.

g) Participar na competición oficial da tempada actual e da seguinte a partir da publicación desta convocatoria.

Artigo 17. Perda de dereito e reintegro da axuda

17.1. Procederá o reintegro ou perda de dereito, total ou parcial, das cantidades pendentes de percibir ou percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia da perda de dereito ou do reintegro, segundo o disposto no artigo 31 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impidan.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, de ser o caso, nas normas reguladoras da subvención.

d) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

17.2. De acordo co establecido no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, procederá o reintegro parcial no suposto de non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, o que suporá a perda dun 5 % do importe da subvención concedida. Esta porcentaxe do 5 % aplicarase unha vez descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

17.3. Para facer efectiva a perda de dereito ou reintegro á que se refiren os puntos anteriores, tramitarase o oportuno procedemento, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

17.4. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, con anterioridade ao requirimento previo da Administración as persoas beneficiarias poderán realizar con carácter voluntario a devolución do importe da axuda obxecto de reintegro.

Esta devolución efectuarase mediante ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82-2080-0300-87-3110063172, segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación, e o importe incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A persoa beneficiaria deberá presentar, ante o órgano concedente, copia xustificativa da devolución voluntaria realizada na que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 18. Réxime de infraccións e sancións

As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Control

As subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 20. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases rexerá a normativa xeral en materia de subvencións constituída pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da norma anteriormente citada; así como polos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conxunto normativo no que se establecen os requisitos xerais das subvencións concedidas pola Administración autonómica, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Artigo 21. Información ás persoas interesadas

21.1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e, xunto cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos dos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

22.2. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

22.1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

22.2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file