Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46739

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde, grupo III, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 30 de setembro de 2019.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro), para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde, grupo III, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde, a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde.

Quenda de acceso libre.

DNI

Apelidos e nome

***8407**

Bellón Pita, Lucía