Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47030

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 15 de setembro de 2021 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 9 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 22 de abril).

A Orde do 9 de abril de 2021 (DOG núm. 75, do 22 de abril), pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 e a correspondente proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, sobre a concesión destes premios

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por delegación de competencia establecida na Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2172001185

Alba Vázquez, Inés

36012471

IES Castro Alobre

1.000 €

2100001197

Alonso Cousido, Manuel

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000 €

2122001251

Amarelo Ginzo, Lucía

27020586

CPR Galén

1.000 €

2101000922

Diz Lindahl, Martín

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

1.000 €

2139000180

Domínguez Barreiro, Paula

36006729

IES Valle-Inclán

1.000 €

2192000869

Fernández Campo, Claudia

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000 €

2168000887

García Couce, Julia

15005245

IES Monelos

1.000 €

2171000819

García Rivas, Santiago

27006553

IES Xoán Montes

1.000 €

2116000584

García Romarís, Luis

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2195000693

García Veiga, Lidia

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000 €

2156001005

González Gómez, Santiago

32016625

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

1.000 €

2197000448

Mantiñán Suárez, Gonzalo

15004460

CPR Plurilingüe Peñarredonda

1.000 €

2102000856

Novo Sánchez, Sofía

15004125

CPR Eiris

1.000 €

2142000369

Otero Gómez, Ibai

36019396

IES Francisco Asorey

1.000 €

2183000528

Recarey Fernández, Andrea

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I

1.000 €

2178000590

Rodríguez Rivas, Carlos

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

1.000 €

2137000347

Ruibal Ortigueira, Marcos

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

1.000 €

2125000936

Saborido Tobar, Juan Pedro

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2124000520

Vázquez Velasco, Adrián

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

1.000 €

2110000309

Vidal Villalba, Pedro

15006432

CPR Tirso de Molina

1.000 €