Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47533

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de xullo de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Advertido erro na Resolución do 30 de xullo de 2021, publicada no DOG nº 152, do 10 de agosto de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 40044, a continuación da táboa onde se reflicten os postos da RPT, debe engadirse o seguinte:

«NOTA:

– Nas bibliotecas, nas prazas que aparecen nas observacións con xornada de mañá ou tarde, inclúen sábados en xornada de mañá.

– Nos museos, nas prazas que aparecen nas observacións con xornada de mañá ou tarde, inclúen sábados e domingos».