Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47657

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 5 de agosto de 2021 (DOG núm. 154, do 12 de agosto) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con data do 27 de agosto de 2021 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As devanditas listas incluirán a seguinte información:

– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nos artigos 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2066

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima / bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2085

Escala técnica de estatísticos

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón.

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico.

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

004

Titulado/a superior

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a

I

023

Documentalista

I

027

Coordinador/a de actividades externas

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

030

Relacións públicas do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

007

Titulados/as grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

021

Monitor/a ocupacional

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio)

II

031

Restaurador/a

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

038

Perito/a-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

004

Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

033

Encargado/a supervisor/a de telefónica

III

037

Técnico/a de son

III

040

Axudante/a de produción

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira

III

078

Subgobernante/a

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

090

Animador/a sociocultural

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores)

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a. Despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

028

Auxiliar produción-dirección

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro/a. Lavandeiro/a

V

002

Axudante/a traballos ou oficios. Axudante/a albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n. Axudante/a traballos. Encargado/a xardín

V

003-01

Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

003-02

Resolución 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

Grupos e categorías do persoal laboral
dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a