Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47653

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), declarado o carácter oficial do título mediante Acordo do Consello de Ministros do 24 de agosto de 2021, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 30 de agosto de 2021 (BOE do 13 de setembro), e para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establece que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial da Comunidade Autónoma, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título universitario oficial de graduado ou graduada en Filoloxía Aplicada Galega e Española pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 14 de setembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Denominación do título: graduado ou graduada en Filoloxía Aplicada Galega e Española pola Universidade de Vigo.

Rama de coñecemento a que se adscribe o título (RD 1393/2007, do 29 de outubro): Artes e Humanidades.

Código da titulación: V01G430 Facultade de Filoloxía e Tradución-campus de Vigo.

Código RUCT:2504338.

Distribución do plan de estudos en créditos ECTS:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Formación básica

60

Materias obrigatorias

60

Materias optativas

108

Prácticas externas obrigatorias

6

Traballo de fin de grao

6

Total

240

Distribución dos créditos da formación básica do plan de estudos:

Rama de coñecemento

Materia da rama (RD 1393/2007, do 29 de outubro)

Materias vinculadas

do plan de estudos

ECTS

Materia

Rama

Artes e Humanidades

Idioma Moderno

Idioma A: Alemán I/Francés I/Inglés I/Portugués I *

6

24

60

Idioma B: Alemán I/Francés I/Inglés I/Portugués I *

6

Idioma A: Alemán II/Francés II/Inglés II/Portugués II *

6

Idioma B: Alemán II/Francés II/Inglés II/Portugués II *

6

Lingua

Comunicación Oral e Escrita en Galego

6

12

Comunicación Oral e Escrita en Español

6

Historia

Historia

6

Literatura

Pensar a Literatura

6

12

A Literatura Galega nos seus Textos

6

Lingüística

Introdución ao Estudo da Linguaxe

6

Total ECTS

60

* Nestas materias o alumnado terá que escoller dúas linguas estranxeiras (idioma A e idioma B) entre as catro ofertadas. O cómputo de créditos é, polo tanto, por idioma.

missing image file
missing image file