Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47852

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

6.5.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e de máster

Sen achega económica

19.5.2021