Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Alborín, situado no concello de Rodeiro, na provincia de Pontevedra (IN408A 2018/36).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Alborín.

Concellos afectados: Rodeiro (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 13,5 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.

Produción neta anual estimada: 40.966 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 10.095.493,59 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

584.808,61

4.723.497,47

P2

584.723,75

4.723.373,78

P3

585.066,43

4.723.145,31

P4

585.149,63

4.723.270,12

P5

585.875,08

4.722.786,49

P6

586.510,00

4.723.030,00

P7

585.600,00

4.725.650,00

P8

584.150,00

4.726.750,00

P9

583.350,00

4.725.550,00

P10

584.600,00

4.724.400,00

P11

584.342,25

4.723.808,38

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

AL1

584.322,00

4.725.713,00

AL2

584.640,00

4.725.412,00

AL3

585.018,00

4.723.453,00

Coordenadas do centro de seccionamento:

Centro seccionamento

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

CS

584.580,47

4.725.664,90

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

584.621,06

4.725.654,20

P2

584.597,83

4.725.637,97

P3

584.585,55

4.725.629,75

P4

584.585,36

4.725.629,62

P5

584.582,77

4.725.634,74

P6

584.581,00

4.725.638,26

P7

584.579,29

4.725.641,66

P8

584.577,56

4.725.645,12

P9

584.576,08

4.725.648,04

P10

584.574,32

4.725.651,53

P11

584.572,50

4.725.655,15

P12

584.571,20

4.725.657,86

P13

584.569,63

4.725.661,23

P14

584.567,97

4.725.665,00

P15

584.566,86

4.725.667,71

P16

584.565,39

4.725.671,36

P17

584.563,70

4.725.675,89

P18

584.562,89

4.725.678,23

P19

584.562,08

4.725.680,64

P20

584.561,16

4.725.683,44

P21

584.560,29

4.725.686,28

P22

584.559,39

4.725.689,23

P23

584.558,52

4.725.692,10

P24

584.557,70

4.725.694,78

P25

584.565,02

4.725.697,98

P26

584.610,94

4.725.717,62

P27

584.650,50

4.725.674,77

P28

584.628,51

4.725.659,40

Coordenadas da torre de medición:

Torre de medición

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TM

584.111,00

4.726.008,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Tres (3) aeroxeradores tipo Siemens Gamesa SG145 ou similar de ata 4,5 MW de potencia nominal unitaria, 127,5 m de altura de buxeiro e 145 m de diámetro de rotor.

– Tres (3) centros de transformación con relación 0,69/30 kV e potencia de 5.650 KVA, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador e coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión soterrada, dotada de dous circuítos con cables de aluminio XLPE 18/30 (36) kV e seccións de 95 e 240 mm2, de interconexión entre os centros de transformación e o centro de seccionamento. A mesma gabia incluirá ademais cableame de terra de Cu de 50 mm2 e condutor de fibra óptica.

– Centro de seccionamento que constará dunha envolvente prefabricada na cal se aloxarán as celas do sistema de media tensión (30 kV) e o sistema de servizos auxiliares. O conxunto de celas blindadas illadas en SF6 con configuración de simple barra e relés de protección incorporados estará constituído por: 2 posicións de liña ao centro de seccionamento e liña de evacuación; 1 posición de transformador de servizos auxiliares e 1 posición de medida de tensión en barras. Constará, ademais, de envolvente prefabricada para o control e a protección onde se aloxarán os elementos de control, os equipamentos auxiliares, o sistema de comunicación, protección, corrente continua.

– Unha (1) torre meteorolóxica de ata 127,5 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Rodeiro (praza da Fonte nº 2, 36530 Rodeiro, Pontevedra).

Pontevedra, 24 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra