Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48096

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia, ordenada pola Resolución do conselleiro de Sanidade do 17 de setembro de 2021, pola que se encarga á Fundación Semana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e os traballos de apoio para a organización das probas selectivas correspondentes a diversas categorías de persoal sanitario licenciado e de formación profesional.

En cumprimento dos artigos 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procederase a dar publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia, ordenada por Resolución do conselleiro de Sanidade, con data do 17 de setembro de 2021, coas seguintes características:

1. A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para a realización das probas selectivas do Servizo Galego de Saúde para a cobertura de 1.311 prazas correspondentes ás seguintes categorías profesionais: técnico/a de farmacia, técnico/a superior de anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de hixiene bucodental, técnico/a superior de imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior de laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior de radioterapia, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061, médico/a de urxencias hospitalarias e facultativo/a especialista de área das especialidades de alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía torácica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina do traballo, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría.

2. A realización das probas terá lugar de conformidade co calendario previsto os días 18, 19, 25 e 26 de setembro e 2, 3, 23 e 24 de outubro de 2021.

3. A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.

Santiago Compostela, 20 de setembro de 2021

José Flores Arias
Xerente do Servizo Galego de Saúde