Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48098

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 20 de setembro de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 20 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Se durante a celebración do exercicio se constata que algunha persoa aspirante fai uso do material descrito, fala con outro opositor ou copia, o tribunal procederá á súa inmediata expulsión do exame.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos, publicados na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal