Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48099

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019.

O tribunal nomeado pola Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 196, do 28 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Con datas do 7 e do 15 de xullo e do 13 de setembro reuniuse para examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas no DOG do 18 de xuño. A resposta a cada unha notificouse, de xeito individualizado, a cada opositor/a, sendo unhas estimadas e outras desestimadas. Feita unha nova corrección respecto de cinco aspirantes, todos eles ven incrementada a súa puntuación e dous pasan a superar o exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1. da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o 23 de marzo de 2021 e publicados no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, ata completar un máximo de 840, sempre que obtivesen un mínimo de 40 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta).

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a comprobación da corrección en sesións do 15 de xullo e do 13 de setembro de 2021, acadaron o límite mínimo de:

– 40 respostas, un total de 540 aspirantes no conxunto da quenda de acceso libre (524 libre e 16 pola quenda de discapacidade).

– 30 respostas, un total de 2 aspirantes na quenda de promoción interna.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021

Regina Martín Vidales Delgado
Presidenta do tribunal