O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021
O director do Instituto de Estudos do Territorio
P.S. (Resolución do 3.9.2021, da conselleira
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda)
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Convenio |
Obxecto do convenio |
Achega económica do IET |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos |
Regular o réxime de colaboración entre as partes subscritoras para os efectos de acadar a realización de bases topográficas a escalas 1/5.000, 1/2.000 e 1/1.000; esta última escala, só naqueles concellos onde existan voos fotogramétricos que permitan realizala (voados dentro do PNOA10_Galicia: https://ideg.xunta.gal/webapps/PNOA10/). A cartografía acadada será compatible coa exixida nas normas técnicas de planeamento e seguirá as especificacións de produto da BTUG e da BTG, estando orientado o seu uso mediante sistemas de información xeográfica |
50.000 € |
23.6.2021 |
Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas e Mobilidade (AXI) para a colaboración na realización de traballos relacionados coa implantación dun sistema dixital para o seguimento da xestión na rede de estradas da Comunidade Autónoma galega (Raega) |
Establecer un marco de actuación para a colaboración entre os asinantes de cara a desenvolver acordos e tarefas que sirvan de apoio ás actuacións para desenvolver un visor xeográfico corporativo que aglutine toda a información xeográfica relacionada coa Rede autonómica de estradas de Galicia, xestionalo e que, á súa vez, sirva como instrumento de traballo útil para o persoal da AXI e como punto de consulta de información para a cidadanía, simplificando trámites co organismo xestor das estradas de titularidade autonómica |
Sen achega económica |
8.7.2021 |
Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos |
Modificación de parte do clausulado e anexos do convenio asinado o 23.6.2021. A modificación afecta as hectáreas do concello de Coirós e o correspondente reaxuste dos importes que debe aboar por este concello; daquela, tamén afecta o importe global do convenio, pero sen incrementar o importe total das obrigas de contido económico asumidas |
Sen achega económica |
8.7.2021 |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU), e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a realización de traballos relacionados coa cartografía vinculada ao planeamento urbanístico e coa analítica en sistemas de información xeográfica |
Establecer pautas de colaboración no marco dos traballos de competencia da DXOTU que demandan os coñecementos e a experiencia do IET nos contornos da cartografía e analítica en sistemas de información xeográfica (SIX); en especial, no relativo á actualización dinámica do Plan básico autonómico e ao control, validación e seguimento da cartografía contratada pola DXTOU para formular os plans básicos municipais e mantemento, actualización e mellora do visor do Sistema de información de ordenación do territorio e urbanismo (Siotuga) |
Sen achega económica |
22.7.2021 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos) |
Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre os asinantes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2021 no marco do Proxecto Ríos, programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade que pretende dar resposta á problemática da contaminación e deterioración dos ecosistemas fluviais |
Sen achega económica |
26.7.2021 |
Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Demarcación de Galicia, para a elaboración dunha guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística das instalacións portuarias da Xunta de Galicia |
Elaborar unha guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística das instalacións portuarias da Xunta de Galicia, como unha ferramenta que axude á integración na paisaxe. As intervencións obxecto deste convenio están incluídas dentro da nova planificación da Estratexia da paisaxe galega 2021-2024 |
22.000 € |
30.7.2021 |
Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa integración paisaxística dos parques empresariais de Galicia |
Definir o marco xeral de colaboración entre os asinantes para o desenvolvemento conxunto de actividades relacionadas coa protección, a investigación e a divulgación en materia de paisaxe, en especial no referente aos parques empresariais existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia |
Sen achega económica |
31.7.2021 |