Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48266

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 201, do 5 de outubro) para cualificar o proceso selectivo de ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro).

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a seguir se relacionan que, de acordo co establecido nas bases das convocatorias, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

NIF

López González, Laura

****0387**

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.2.6 da convocatoria, este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 7 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

A persoa aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

José Ramón Caeiro Rey
Presidente do tribunal