Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48268

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xullo), o tribunal nomeado por Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio e outorgar un prazo para presentar alegacións en relación con estas puntuacións de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.

Recibidas alegacións ao respecto desas puntuacións, detectouse algún erro no proceso automatizado de lectura e corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, polo que, en sesión do 21 de xullo de 2021, este tribunal acorda solicitar á Dirección Xeral de Función Pública a realización dunha nova corrección.

Como resultado deste proceso, en sesións do 17 e 26 de setembro de 2021, o tribunal

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar a resolución deste tribunal do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xullo) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación inferior a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non conseguiron os mínimos establecidos na base  I.1.1.1 da convocatoria.

Segundo. Publicar as puntuacións rectificadas de acordo coa corrección dos exercicios acordada en sesión do 21 de xullo de 2021, obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación inferior a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non conseguiron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal