Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada LMTA, CTI, RBTA Faquín, no concello de Maside (expediente IN407A 2021/35-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD); CIF: A63222533, con domicilio social na avenida San Luis, 77, 28033 Madrid, sobre as autorización administrativa previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas de referencia, que se desagregan no seu proxecto de execución asinado o 21.1.2021 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable da data indicada, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. O proxecto, que ten un orzamento de 38.507,07 €, recolle a execución das instalacións que teñen as características técnicas que se detallan a continuación:

Nova LMT, a 20 kV, de 282 m de lonxitude en condutor tipo LA-56 de acometida a CT proxectado, con retensamento de condutor existente LA-30 no cantón entre apoios números 68-B-43-14 e 68-B-43-17 (302 m). A instalación ten a súa orixe na LMT CNO807, apoio número 68-B-43-15, que pasa de HV a C A-AL 14/2000-H35-CA/C e a seu fin en apoio número 3, C-FL-12/2000-H35-CAIII.

CT-Faquín en intemperie, sobre o citado apoio número 3, en coordenadas UTM ETRS89 H29 X 581.173/Y 4.698.474. Illamento aceite mineral.

Segundo. A petición someteuse a información pública por resolución desta xefatura territorial do 7 de abril de 2021, que foi publicada no DOG do 29.4.2021, no BOP de Ourense do 3.5.2021, no xornal La Región desta capital do 14.4.2021, no taboleiro de anuncios do concello afectado, e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tamén se realizou o trámite de notificación a descoñecidos co correspondente anuncio que se inseriu no DOG do 26.5.2021 e no suplemento de notificacións do BOE con data do 11.6.2021.

Terceiro. Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións por Patricia García Vázquez e tamén por Juan Bóveda Fernández, titulares de diversas parcelas tamén afectadas. Destas alegacións déuselle traslado á empresa solicitante.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta xefatura territorial é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Foron cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no capítulo II, título VII, do citado Real decreto 1955/2000, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG número 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

Terceiro. Á vista das alegacións presentadas e da contestación a aquelas realizada polo promotor cómpre indicar que os erros de titularidade no predio nº 21 que aparece na relación de afectados, aos que se refiren dona Patricia García Fernández e tamén Juan Bóveda Fernández nas súas alegacións xa foron comunicados á empresa eléctrica para a súa corrección en trámites posteriores, considerando como titulares á citada Patricia e a seu irmán David. E en relación ás afeccións a considerar no citado predio cómpre sinalar que será no momento do «levantamento das actas previas á ocupación», trámite para o cal serán citados oportunamente os afectados, cando polo perito da Administración se comproben os actuais aproveitamentos e os demais datos de afección que han servir, xunto coas follas de aprezo que presenten as partes, para que o Xurado de Expropiación de Galicia adopte a resolución do correspondente prezo xusto.

Cuarto. No expediente inclúese acta de comprobación sobre o terreo da traza da infraestrutura eléctrica, na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Esta xefatura territorial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, resolve:

1º. Declarar de utilidade pública, en concreto, o proxecto e conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto antes sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

2º. Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 10 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense