Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48622

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir tres prazas vacantes da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil de inglés.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2021 (DOG do 19 de maio e BOE do 7 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil de inglés, unha pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Sexto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela