Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49037

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

3.5.2021

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.5.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), para o desenvolvemento conxunto do curso denominado Cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

5.5.2021

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Facenda e Administración Pública polo que se establecen os principios reitores e de funcionamento do Instituto de Economía Pública de Galicia

18.5.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o ente público Portos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

14.6.2021

Sen achega económica