Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49039

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no segundo cuadrimestre do ano 2021 e que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
no segundo cuadrimestre do ano 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica (€)

Convenio entre o Fondo Español de Garantía Agraria, O.A. e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de traballos de control por monitoraxe nas campañas 2021 e 2022.

A colaboración para realizar controis por monitoraxe sobre as parcelas agrícolas declaradas na solicitude única das campañas 2021 e 2022 dos criterios de admisibilidade compromisos e outras obrigas que poidan ser obxecto de control.

15.6.2021

484.225,11 €