Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49445

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia EUROCC-21-TP1).

Praza: un/unha (1) técnico/a de proxecto (REF.: EUROCC-21-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: EUROCC-National Competence Centres in the Framework of EuroHPC.

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, na modalidade de obra ou servizo determinado regulado polo disposto no artigo 15.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (Edificio Cesga, avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021

Mauro Fernández Dabouza
Director-xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia