Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO da convocatoria para a provisión da praza de funcionario de carreira, categoría de técnico superior de administración especial, polo sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 208, do 9 de setembro de 2021, publícanse integramente as bases da praza de funcionario incluída na oferta de emprego do ano 2018 de técnico superior de administración especial/asesoría xurídica, que se proverá por concurso-oposición libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 10 de setembro de 2021

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde