Mediante a Orde do 1 de xullo de 2021 (DOG núm. 133, do 14 de xullo) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Segundo o establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións que concedan con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Convén sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello, e no Regulamento (UE) núm. 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1080/2006.
En concreto, estas actuacións enmárcanse no programa operativo Feder Galicia 2014-2020; obxectivo temático 6: Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.1: O investimento no sector dos residuos para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades identificadas polos Estados membros; obxectivo específico 6.1.1: Desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento de residuos incluíndo accións de peche de ciclo; tendo en conta tanto os plans de xestión como os investimentos en infraestruturas; actuación 6.1.1.3: Financiamento para o fomento de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2022).
En consecuencia,
RESOLVO:
Facer público no Diario Oficial de Galicia o resultado do proceso de concesión das subvencións concedidas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal (código de procedemento MT975I) e que figuran no anexo desta resolución de conformidade co seguinte:
a) Convocatoria: Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021, código de procedemento MT975I (DOG núm. 133, do 14 de xullo).
b) Programa e crédito orzamentario: as subvencións relativas ao obxecto desta resolución imputáronse á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, código de proxecto 2019 89, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 consonte o seguinte:
Aplicación |
Importe 2021 |
Total |
08.02.541D.760.1 |
1.576.780,52 € |
1.576.780,52 € |
c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos, a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na comunidade autónoma, para a xestión de residuos especiais de competencia municipal.
d) Destinatarios: entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Nº expediente |
Nome solicitante |
NIF solicitante |
Actuación |
Contía subvención concedida |
EELL-001-2021-RES |
As Nogais |
P2703700A |
Punto limpo móbil |
69.520,13 € |
EELL-003-2021-RES |
Baralla |
P2703600C |
Punto limpo móbil |
44.940,79 € |
EELL-004-2021-RES |
Folgoso do Courel |
P2701700C |
Punto limpo móbil |
28.199,56 € |
EELL-005-2021-RES |
Melón |
P3204700C |
Punto limpo móbil |
49.413,38 € |
EELL-006-2021-RES |
Trabada |
P2706100A |
Punto limpo móbil |
70.000,00 € |
EELL-007-2021-RES |
O Páramo |
P2704300I |
Punto limpo móbil |
54.831,15 € |
EELL-008-2021-RES |
Paderne |
P1506500F |
Punto limpo móbil |
26.726,44 € |
EELL-009-2021-RES |
Begonte |
P2700700D |
Punto limpo móbil |
30.416,74 € |
EELL-010-2021-RES |
Vilarmaior |
P1509200J |
Punto limpo móbil |
40.736,84 € |
EELL-011-2021-RES |
Agrupación dos concellos da Pontenova, A Pastoriza, Meira, Riotorto, Pol e Ribeira de Piquín |
P2704800H |
Punto limpo móbil |
99.912,58 € |
EELL-012-2021-RES |
Dozón |
P3601600D |
Punto limpo móbil |
69.756,50 € |
EELL-014-2021-RES |
Paradela |
P2704200A |
Punto limpo móbil |
66.295,18 € |
EELL-016-2021-RES |
Bóveda |
P2700800B |
Punto limpo móbil |
57.148,30 € |
EELL-017-2021-RES |
Becerreá |
P2700600F |
Punto limpo móbil |
57.991,83 € |
EELL-019-2021-RES |
Boborás |
P3201400C |
Punto limpo móbil |
69.127,30 € |
EELL-020-2021-RES |
Antas de Ulla |
P2700300C |
Punto limpo móbil |
29.948,35 € |
EELL-021-2021-RES |
Santiso |
P1508000E |
Punto limpo móbil |
68.500,00 € |
EELL-022-2021-RES |
Agrupación dos concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña |
P3603200A |
Punto limpo móbil |
90.000,00 € |
EELL-023-2021-RES |
Dodro |
P1503300D |
Punto limpo móbil |
15.345,50 € |
EELL-024-2021-RES |
Agrupación dos concellos de Frades e Mesía |
P1503900A |
Punto limpo móbil |
69.127,30 € |
EELL-025-2021-RES |
Abadín |
P2700100G |
Punto limpo móbil |
48.998,74 € |
EELL-026-2021-RES |
Toques |
P1508400G |
Punto limpo móbil |
52.453,50 € |
EELL-027-2021-RES |
Pazos de Borbén |
P3603700J |
Punto limpo móbil |
58.305,83 € |