Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO do proceso selectivo dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 163, do 27.8.2021 (núm. de anuncio 2021/6462), publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover unha praza de técnico/a de normalización lingüística, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Carballo, 21 de setembro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde