Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50177

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para cubrir tres prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 166, do 1 de setembro de 2021, e modificación no nº 172, do 9 de setembro, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, tres prazas de policía local pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, subgrupo C1, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 21 de setembro de 2021

O alcalde
P.D.(Decreto da Alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal