Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria do posto de auxiliar de Administración xeral con carácter de funcionario interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 214, do 16 de setembro de 2021, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de auxiliar de Administración xeral con carácter de funcionario interino (artigo 10.1.a) do Estatuto básico do empregado público).

De conformidade co previsto na base sétima, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo, no  taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo e na sede electrónica www.ribadeo.gal

Ribadeo, 16 de setembro de 2021

Fernando Suárez Barcia
Alcalde