BDNS (Identif.): 586011.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/586011).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador e que teña completados 300 créditos ECTS, dos cales alomenos 60 deben ser de formación de estudos oficiais de posgrao, cuxa data de finalización dos estudos sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2019, salvo as excepcións previstas na base 6.2 da convocatoria.
Terceiro. Obxecto
O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, da tecnoloxía e da innovación.
Cuarto. Bases reguladoras
Resolución do 28 de xullo de 2021 pola que se publican as bases das axudas para a contratacion de persoal investigador predoutoral en formación da Universidade de Vigo 2021.
Quinto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de seiscentos cincuenta mil euros (650.000 €), segundo a distribución por anualidades para 2022, 2023 e 2024 establecida na convocatoria.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 1 de setembro ata o 8 de outubro de 2021.
Vigo, 28 de xullo de 2021
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución 26.5.2020, DOG do 4 de xuño)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo