Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50358

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo, convocadas pola Resolución do 22 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 150, do 6 de agosto).

Vista a proposta formulada pola xefa do Servizo de Administración e Persoal para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na institución da Valedora do Pobo, convocadas pola Resolución do 22 de xullo de 2021 (DOG núm. 150, do 6 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as dúas bolsas convocadas aos solicitantes que se relacionan no anexo I por teren obtido a maior puntuación, de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 22 de xullo de 2021.

Segundo. Facer pública a resolución definitiva de concesión de bolsas e a relación complementaria de suplentes (anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación ao día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorridos sete días naturais desde a dita data a incorporación das persoas seleccionadas non se produce, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificativa.

Cuarto. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo

ANEXO I

Aspirantes

Total

***7881**

17

***9447**

15

ANEXO II

Aspirantes

Total

***2217**

14

***9081**

14

***8852**

10

***7822**

9,50

***1086**

9

***7288**

5