Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución CTI Cela I, no concello de Bueu, do que é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/188-4).

A instalación denominada Substitución CTI Cela I, no concello de Bueu, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 20 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, da cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 11 de novembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Bueu.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida anticipación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Substitución CTI Cela I (Bueu)

Referencia catastral

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso soterrada

Concello

1

36004A048002760000QI

Descoñecido

15

53,63

Bueu

2

36004A048002180001WJ

Descoñecido

CT

12,96

Bueu

Vigo, 22 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra