Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente-e IN407A 2021/105-1).

Expediente-e: IN407A 2021/105-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: reforma das LMTS do polígono de Santa Comba.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 31 de maio de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: reforma das LMTS do polígono de Santa Comba.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Envíanse as separatas aos organismos afectados que a xuízo de Electra de Santa Comba, S.L. puidesen estar afectadas: Concello de Santa Comba.

• Concello de Santa Comba.

– Enviada o 3.6.2021 solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á aprobación do proxecto de execución. No día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación a anterior solicitude, polo que de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, enténdese a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Reordenación das LMTS seguintes, todas elas en condutores de tipo RHZ1 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al):

– LMTS Pesqueira-Polígono nº 5 (expediente 2005/155).

– LMTS Polígono nº 5-Ventosa (expediente 2010/194).

– LMTS Polígono nº 5-Marlán (expediente 2005/535).

Actualmente finalizan no centro de transformación Polígono industrial nº 5 (expediente 2005/155), que fai as veces de centro de reflexión.

Desconexión das tres liñas das celas nas que están conectadas actualmente no CT mencionado. Conexión das liñas a sendas celas de liña na subestación de Santa Comba (expediente 2005/180), quedando cosidas as tres liñas entre a subestación e os puntos de alimentación da compañía distribuidora UFD.

Retiraranse os condutores existentes de tipo RHZ1 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) desde o CT Polígono industrial nº 5, ata a arqueta existente diante da subestación, desde onde se recuperarán os condutores e se levarán ata as celas de media tensión de saída.

No CT Polígono industrial nº 5, quedará unicamente a liña que alimenta ao polígono (expediente 2005/155), que fai entrada e saída no centro, e a liña procedente da subestación.

Na subestación de Santa Comba actualizaranse as proteccións correspondentes ás saídas de 20 kV, das que formarán parte as liñas obxecto de reordenación.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2 A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña