Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50715

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca unha praza de director/directora económico/a, administrativo/a e de recursos humanos.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O Consello de Administración, o 1 de outubro de 2021, acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a económico, administrativo e de recursos humanos de Retegal.

En execución do devandito acordo, mediante este anuncio convócase unha praza de director/a económico, administrativo e de recursos humanos en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Presidenta do Consello de Administración de Retegal