A Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Axencia Galega de Innovación (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), estableceu as bases reguladoras das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2021.
O artigo 4 das bases reguladoras establece os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para poder optar ás axudas.
Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación achegada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor formulou proposta de resolución de inadmisión dunha solicitude que non cumpría coas exixencias contidas nas bases reguladoras, conforme o establecido no artigo 22.8 das bases reguladoras.
As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 24 das bases reguladoras.
A Comisión de Selección prevista no artigo 23 das bases reguladoras reuniuse o día 24 de setembro de 2021 e elaborou unha relación por orde decrecente de puntuación das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da súa avaliación, do custo subvencionable e da subvención que corresponde ao proxecto e a cada unha das entidades.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
1. Conceder as axudas ás entidades que figuran no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación.
2. Publicar a relación de solicitudes que foron inadmitidas por non cumpriren os requisitos da convocatoria e que figuran no anexo III.
3. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo II por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento.
4. Desestimar as solicitudes que, unha vez avaliadas, non acadaron 65 puntos (liña 1-IN852B) e 70 puntos (liña 2-IN852C) de valoración que exixe o artigo 24 das bases reguladoras. Estas solicitudes relaciónanse no anexo IV.
As axudas propostas imputaranse á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.770.0, segundo a natureza da entidade beneficiaria, en que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico: 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora», actuación CPSO 1.2.1.7 «Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre empresas».
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Solicitudes concedidas
Procedemento IN852B
Puntos |
Expediente |
Acrónimo |
CIF |
Razón social |
Líder |
Custo solicitado |
Custo concedido |
Recorte |
Porcentaxe concedida |
Subvención concedida |
Subvención acumulada |
83 |
IN852B 2021/21 |
SARATROF |
B36938009 |
Ednon, S.L. |
S |
359.716,14 |
359.716,14 |
0 |
(1) 67.73 |
243.635,74 € |
|
B70401229 |
Situm Technologies, S.L. |
N |
316.941,25 |
316.940 |
1,25 |
(1) 72.73 |
230.510,46 € |
||||
B27798008 |
Ledisson A&IT, S.L. |
N |
333.319,17 |
333.319,17 |
0 |
(1) 72.73 |
242.423,03 € |
||||
B32440927 |
Grupo Tecnológico Arbinova, S.L. |
N |
140.095 |
140.095 |
0 |
(1) 72.73 |
101.891,09 € |
||||
B94191863 |
Ancora Mobile, S.L. |
N |
247.411,24 |
247.411,24 |
0 |
(1) 72.73 |
179.942,19 € |
||||
Subtotal |
SARATROF |
998.402,51 € |
998.402,51 € |
||||||||
81,5 |
IN852B 2021/16 |
SLP4P |
B36927515 |
Inovalabs Digital, S.L. |
S |
259.706,59 |
259.706,59 |
0 |
60 |
155.823,95 € |
|
B94158714 |
Xoia Software Development, S.L. |
N |
235.286,30 |
235.286,30 |
0 |
60 |
141.171,78 € |
||||
A60012218 |
Ti Group Automotive Systems, S.A. |
N |
184.963,10 |
184.963,10 |
0 |
40 |
73.985,24 € |
||||
B36491934 |
Meifus Industrial, S.L. |
N |
294.374,82 |
294.374,82 |
0 |
60 |
176.624,89 € |
||||
Subtotal |
SLP4P |
547.605,86 € |
1.546.008,37 € |
||||||||
78,5 |
IN852B 2021/35 |
REPLAY |
B36254258 |
Utingal, S.L. |
S |
324.433,47 |
324.133,47 |
300 |
50 |
162.066,74 € |
|
B58864984 |
Mss Seidor, S.L |
N |
97.989,30 |
97.989,30 |
0 |
40 |
39.195,72 € |
||||
B94132727 |
Moveratus, S.L. |
N |
111.764,50 |
111.764,50 |
0 |
80 |
89.411,60 € |
||||
B66099631 |
Enso Innovation, S.L. |
N |
101.911,28 |
101.911,28 |
0 |
80 |
81.529,02 € |
||||
B70014766 |
Ecoplas Barbanza, S.L. |
N |
100.186 |
63.543,90 |
36.642,10 |
60 |
38.126,34 € |
||||
Subtotal |
REPLAY |
410.329,42 € |
1.956.337,79 € |
||||||||
78,5 |
IN852B 2021/9 |
COMPORT |
B36974632 |
Quobis Networks, S.L. |
S |
310.370 |
310.370 |
0 |
60 |
186.222,00 € |
|
B70368907 |
Torus Software Solutions, S.L. |
N |
245.822,50 |
245.822,50 |
0 |
60 |
147.493,50 € |
||||
B15986771 |
Soluciones y Proyectos de Información, S.L. |
N |
282.019,92 |
282.019,92 |
0 |
60 |
169.211,95 € |
||||
B70401229 |
Situm Technologies, S.L. |
N |
247.544,16 |
247.544,16 |
0 |
60 |
148.526,50 € |
||||
B36222917 |
Electricidad y Contratas Edison Galicia, S.L. |
N |
222.368,40 |
222.368,40 |
0 |
60 |
133.421,04 € |
||||
Subtotal |
COMPORT |
784.874,99 € |
2.741.212,78 € |
||||||||
78 |
IN852B 2021/30 |
Plataforma APTC |
B32318354 |
Redegal, S.L. |
S |
348.908,23 |
322.052,94 |
26.855,29 |
50 |
161.026,47 € |
|
B84751270 |
Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L. |
N |
310.025 |
310.025 |
0 |
50 |
155.012,50 € |
||||
A15050842 |
Reclam, Publicidad, Marketing y Artes Gráficas, S.A.U. |
N |
100.000,01 |
100.000,01 |
0 |
50 |
50.000,01 € |
||||
F32001976 |
Cooperativas Ourensanas, Soc. Cooperativa Galega |
N |
84.640,76 |
705.29,79 |
14.110,97 |
15 |
10.579,47 € |
||||
Subtotal |
Plataforma APTC |
376.618,45 € |
3.117.831,23 € |
||||||||
77 |
IN852B 2021/22 |
EDAR 360 |
A66141185 |
Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. |
S |
212.089,45 |
212.089,45 |
0 |
40 |
84.835,78 € |
|
B36940831 |
Syspro Automotion, S.L. |
N |
434.900,55 |
434.900,55 |
0 |
60 |
260.940,33 € |
||||
B36938009 |
Ednon, S.L. |
N |
433.397,70 |
433.397,70 |
0 |
50 |
216.698,85 € |
||||
Subtotal |
EDAR 360 |
562.474,96 € |
3.680.306,19 € |
||||||||
75 |
IN852B 2021/32 |
MILKCHAIN |
A27015965 |
Grupo Leche Río, S.A. |
S |
358.745,63 |
323.345,63 |
35.400 |
60 |
194.007,38 € |
|
B70437363 |
Ps Vet Dairyquality, S.L. |
N |
46.305 |
35.150 |
11.155 |
80 |
28.120,00 € |
||||
B94120136 |
Proymaes, S.L. |
N |
349.999,68 |
314.999,68 |
35.000 |
80 |
251.999,74 € |
||||
B27518547 |
Innogando, S.L. |
N |
350.959,73 |
280.685,32 |
70.274,41 |
80 |
224.548,26 € |
||||
B27504208 |
Himikode Tech, S.L. |
N |
348.142,39 |
313.142,39 |
35.000 |
80 |
250.513,91 € |
||||
Subtotal |
MILKCHAIN |
949.189,29 € |
4.629.495,48 € |
||||||||
74,5 |
IN852B 2021/34 |
SERSBIO |
B84751270 |
Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L. |
S |
264.285,08 |
264.285,08 |
0 |
75 |
198.213,81 € |
|
B15986771 |
Soluciones y Proyectos de Información, S.L. |
N |
248.485,49 |
248.485,49 |
0 |
80 |
198.788,39 € |
||||
B15964521 |
Mestrelab Research,S.L. |
N |
300.602,86 |
300.602,86 |
0 |
65 |
195.391,86 € |
||||
B32485302 |
Lincbiotech, S.L. |
N |
241.575,46 |
241.575,46 |
0 |
75 |
181.181,60 € |
||||
B15860679 |
Galician Marine Aquaculture, S.L. |
N |
258.583,56 |
241.072,32 |
17.511,24 |
80 |
192.857,86 € |
||||
Subtotal |
SERSBIO TECH |
966.433,52 € |
5.595.929,00 € |
||||||||
(1) A intensidade das axudas concedidas é inferior ao máximo permitido na convocatoria pero responde á intensidade solicitada |
Procedemento IN852C
Puntos |
Expediente |
Acrónimo |
CIF |
Razón social |
Líder |
Custo solicitado |
Custo concedido |
Recorte |
Porcentaxe concedida |
Subvención concedida |
Subvención acumulada |
78 |
IN852C 2021/5 |
SMART |
B27835305 |
Galvin Tecnológica, S.L. |
S |
145.488,61 |
145.488,61 |
0 |
80 |
116.390,89 € |
|
B32460412 |
Amodo Soluciones, S.L. |
N |
142.790,62 |
130.250,62 |
12.540 |
80 |
104.200,50 € |
||||
B70023106 |
Simer-grumerosa, S.L.U. |
N |
342.89,08 |
342.89,08 |
0 |
80 |
27.431,26 € |
||||
Subtotal |
SMART |
248.022,65 € |
248.022,65 € |
||||||||
71,5 |
IN852C 2021/1 |
BIKENTA - MPLUS |
B94033339 |
Enxeñería Forestal Asefor, S.L. |
S |
169.369,10 |
162.859,10 |
6.510 |
80 |
130.287,28 € |
|
B32429474 |
Madera Plus Calidad Forestal S.L. |
N |
91.309 |
87.796 |
3.513 |
80 |
70.236,80 € |
||||
Subtotal |
BIKENTA - MPLUS |
200.524,08 € |
448.546,73 € |
||||||||
70,5 |
IN852C 2021/3 |
Libatio |
F32002230 |
Viña Costeira S. Coop. Galega |
S |
47.041,60 |
47.041,60 |
0 |
80 |
37.633,28 € |
|
B27518364 |
Nova Industria Galega, S.L. |
N |
121.610,02 |
121.610,02 |
0 |
80 |
97.288,02 € |
||||
B27507268 |
Indominus AS, S.L. |
N |
149.221,60 |
149.221,60 |
0 |
80 |
119.377,28 € |
||||
B27872753 |
Sparks, Circuits and Robotics, S.L. |
N |
127.700 |
127.700 |
0 |
80 |
102.160,00 € |
||||
Subtotal |
Libatio |
356.458,58 € |
805.005,31 € |