Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50768

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres do exercicio 2021.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro e segundo cuadrimestre de 2021, que se anexa con esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de

sinatura

Importe €

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

11.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

11.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

11.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

12.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

12.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

14.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Galicia Europa para o acollemento dunha persoa bolseira do programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial do Igape na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

14.1.2021

6.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de la Automoción de Galicia (CTAG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

18.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Clúster do Granito co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

18.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

20.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Clúster TIC Galicia co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

20.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

21.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

27.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de A Coruña co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

28.1.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

4.2.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (Energylab) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

5.2.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

25.2.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

25.2.2021

Sen achega económica

Addenda ao convenio, asinado o 10.1.2020 entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia e os centros integrantes desta asociación para a elaboración do traballo de campo e informe de oportunidades Industria 4.0 para as empresas galegas 2020.

25.3.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) co fin de acoller bolseiros/as
para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

7.4.2021

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Clúster Saúde de Galicia (CSG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

13.4.2021

Sen achega económica

Convenio entre a Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime) e o Instituto Galego de Promoción Económica para a habilitación do espazo Mindtech Startup Arena.

16.4.2021

125.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Vigo para a elaboración dunha estratexia para aumentar o tamaño empresarial de Galicia.

22.4.2021

35.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional.

4.5.2021

32.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xoves Empresarios (AJE Galicia) para a realización de actividades de apoio ao emprendemento.

11.5.2021

31.244,00

51.412,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para a posta en marcha dunha oficina técnica xestora dos proxectos integrados de automoción Autoáncora.

19.5.2021

125.000,00

100.000,00

Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia CFV e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas.

26.5.2021

119.850,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Empresarios Galegos de Madrid (Aegama).

4.6.2021

20.000,00

20.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento dunha plataforma dixital de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen tanto o mapa empresarial como o ecosistema innovador da Comunidade galega.

16.6.2021

125.000,00

Convenio para a habilitación dun Marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia.

18.6.2021

2.000.000,00

500.000,00

2ª addenda ao convenio, asinado o 20 de decembro de 2019, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e os consellos reguladores das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, e das indicacións xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2019-2022.

12.7.2021

10.000,00

193.000,00

187.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación EOI, FSP para a realización de accións de formación e titorización en Galicia no marco do proxecto Coworking durante o período 2021-2022.

27.7.2021

217.796,68

Convenio entre o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Secretaría de Estado de Comercio, Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos) e o Instituto Galego de Promoción Económica para a realización dun período de formación nas oficinas económicas e comerciais.

17.8.2021

Sen achega económica