Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50772

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 14 de maio de 2021, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 11.10.2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral de Administración Local para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 14 de maio de 2021,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR410A e no portal de servizos web Eido local, as puntuacións obtidas na proba tipo test, o resultado da proba de galego, se for o caso, e os méritos baremados das persoas aspirantes.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas sobre a puntuación obtida na proba tipo test e na proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Administración Local nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021

Javier Enrique Fraga Campo
Presidente do tribunal