Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50774

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2021 (DOG núm. 155 do 13 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1),

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 30 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal