En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de outubro de dous mil vinte e un,
DISPOÑO:
Que cese Miguel Corgos López-Prado como director xeral de Planificación e Orzamentos, por pasar a desempeñar o cargo de conselleiro de Facenda e Administración Pública.
O cesamento produce efectos o día 18 de outubro de 2021.
Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Turismo

 
					
